📢 Xa están abertas as inscricións para a última #DepoRutasBTT da Deputación Pontevedra que terá lugar o 29 de outubro no Concello de Forcarei 🚵♀️ Pedaleando percorreremos o concello e pasaremos pola serra do Candán, un espazo natural con amplas praderías e carballeiras. Ao longo deste percorrido duns 25 km gozaremos de incribles panorámicas da serra, unha das cadeas montañosas máis extensas da provincia Únete e descubre a o Candán dun xeito único! 👉 https://www.depo.gal/-/deporutas-btt #OrixeRíasBaixas #RíasBaixas #PontevedraProvincia
Autor: Turismo Rías Baixas
Fuente de contenido