Preto da vila de Agolada, en Chaos de Aián, a finais do século XVIII realizábase unha importante feira que reunía a comerciantes chegados dende toda comunidade. Tal era a magnitude da feira que a veciñanza do
lugar e de aldeas veciñas se queixaban polos danos que o gando da feira causaba nos cultivos dos arredores.Todo isto ocasionou que durante o reinado de Carlos IV, no 1788, a feira se trasladase a Agolada sendo un éxito rotundo que repercutiu non só no crecemento do mercado senón tamén nun aumento da poboación e desenvolvemento social e económico da zona
Como recordo desta época dourada conservamos os Pendellos de Agolada, declarados Conxunto Histórico Artístico
Autor: Turismo Rías Baixas
Fuente de contenido