Xa dispoñibles as entradas en…

0
(0)

👍 Xa dispoñibles as entradas en https://entradaslugo.es/

ℹ️ A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades que conforman a nova edición da programación de animación á lectura e contacontos.

«Con estas actividades pretendemos achegar ás máis pequenas e pequenos á biblioteca e ao mundo da lectura e dos contos, prestando ademais especial atención ao fomento da igualdade de xénero», explicou Maite Ferreiro.

«Do mesmo xeito que na última edición, realizaremos as actividades nas instalacións do MIHL, para continuar a promocionar esta instalación e a súa singularidade», explicou a edil de Cultura, que engadiu «para asistir será preciso retirar entrada, de maneira gratuíta, no portal entradaslugo.es».

As persoas adultas que acompañen ás nenas e nenos terán que retirar entrada, mais para dar preferencia ao público infantil, só se permitirá unha acompañante por unidade familiar, cun límite de tres entradas por persoa.

O ciclo conta cun total de seis actividades, que terán lugar entre o 19 de outubro e o 30 de novembro. Cada unha delas está dirixida a unha franxa de idade.

✅ Xoves, 19 de outubro ás 18:00 horas no MIHL
TARABELOS
“O TRAXE NOVO DO REI”
Idades: a partir de 3 anos

✅ Martes, 24 de outubro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal Isidro Novo
ÁTOMOS “ROBÓTICA NA BIBLIOTECA”
Idades: De 8 a 12 anos

Celebramos o Día das Bibliotecas cun obradoiro que procura unha achega dos máis novos e novas ás tecnoloxías do futuro desde a biblioteca. Ademais de aprender fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible na nosa biblioteca, os e as participantes poderán levar o seu propio robot para a casa.

(Inscrición na biblioteca ou no teléfono: 982297414 A partir do martes 17 de outubro)

✅Xoves, 26 de outubro ás 18:00 horas no MIHL
TRÉMOLA TEATRO
Idades: de 1 a 3 anos

✅ Xoves, 2 de novembro ás 18:00 horas no MIHL
RAQUEL QUEIZÁS
“CINEMA DE HISTORIAS”
Idades: a partir de 5 anos

✅ Xoves, 16 de novembro ás 18:00 horas no MIHL
PABLÍSIMO
“CABICIVAI”
Idades: a partir de 3 anos

✅ Xoves, 30 de novembro ás 18:00 horas no MIHL
MIGALLAS TEATRO
“BRINCADEIRAS DA LINGUA”
Idades: a partir de 3 anos

#Lugo #museomihl #bibliotecaisidronovo #contacontos


Autor: Cultura e Turismo de Lugo
Fuente de contenido

¿De cuánta utilidad te ha parecido este contenido?

¡Haz clic en una estrella para puntuarlo!

Promedio de puntuación 0 / 5. Recuento de votos: 0

Hasta ahora, ¡no hay votos!. Sé el primero en puntuar este contenido.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio