San Froilán 2023 – A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, confirmou o concerto de Red House & Lou Marini para abrir…

0
(0)

🎶 San Froilán 2023 – A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, confirmou o concerto de Red House & Lou Marini para abrir o San Froilán 2023 o vindeiro 4 de outubro na Praza de Santa María, e o peche das festas con Rayden o 12 de outubro a partir das 22:00 na praza Horta do Seminario, que chega a Lugo na súa xira de despedida.

✅ Red House & Lou Marini

Lou Marini & Red House Revival é o resultado dunha longa amizade entre Lou Marini y Francisco Simón. Nesta ocasión Red House Revival ten o honor de presentar a Lou Marini como invitado moi especial. “Blue Lou” Marini é compoñente orixinal de The Blues Brothers. Imposible resumir aquí o seu dilatadísimo currículum. Así mesmo, Francisco Simón é actualmente membro de The Original Blues Brothers Band.

Lou Marini & Red House Revival é sinónimo de forza e elegancia que só podemos desfrutar nas súas actuacións en directo pola súa incrible enerxía e bo gusto, convertindo cada concerto en algo único e inolvidable.

✅ Rayden

É cantante, compositor, produtor e escritor. Foi campión mundial da Red Bull Batalla de Galos, e colaborou con xente como Tanxugueiras, Pablo López, Mäbu, Leiva, Rozalén, Sidecars, Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Alfred García, Bely Basarte, e un longo etcétera, descubríndose como un dos artistas que máis pontes construí entre diferentes estilos no ámbito do estado.

A súa discografía en solitario componse de 8 discos sendo a súa traxectoria musical premiada en numerosas ocasións. Nominado a mellor artista do estado español nos MTV Europe Music Awards e a mellor artista nos Premios dos 40 Principai. Nos premios MIN recibiu o galardón a mellor artista e a mellor videoclip por “Matemática de la carne”.

Rayden tamén cultivou a escrita, sendo autor de tres libros: «Herido Diario», «TeminAMOs y otros poemas sin terminar» e «El mundo es un gato jugando con Australia».

En marzo desta ano 2023 deu a coñecer que deixaba a música, para adicarse á escrita, polo que a de Lugo será unha das últimas ocasións nas que poder disfrutar da súa forza e do empaque das súas letras.

#Lugo #ActivandoLugo #SanFroilan #SanFroilan2023


Autor: Cultura e Turismo de Lugo
Fuente de contenido

¿De cuánta utilidad te ha parecido este contenido?

¡Haz clic en una estrella para puntuarlo!

Promedio de puntuación 0 / 5. Recuento de votos: 0

Hasta ahora, ¡no hay votos!. Sé el primero en puntuar este contenido.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio