Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron o prog…

0
(0)

🔹Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron o programa das festas de San Froilán 2023.

🔹Maite Ferreiro anunciou que o programa estará impreso e nas redes sociais nos próximos días.

🗣 Ferreiro destacou que “volve a gran festa do outono galego, que entre o 4 e o 12 de outubro, encherá as rúas de Lugo con preto de 200 actividades distintas, máis da metade delas musicais, dando lugar a un programa do San Froilán no que todas as veciñas e veciños de Lugo atoparán unha actividade do seu gusto”.

“As agrupacións locais terán o protagonismo nos concertos e nas actividades de rúa”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “contaremos con máis de 50 grupos de Lugo e concertos de primeiro nivel con nomes como Elíades Ochoa, Rayden, La M.O.D.A., Ciudad Jara, Luar na Lubre ou Baiuca, entre outros”.

A volta da gran festa do outono galego contará con actividades tradicionais como o desfile do traxe tradiciona, que este ano celebra a súa 51 edición ou o desfile do gando. Ferreiro destacou que a cultura tradicional galega conta, como cada ano, cun «importante peso» na programación das festas.

«Como administración, é o noso deber traballar na conservación e promoción dos nosos elementos culturais máis relevantes».O programa inclúe actividades xa consolidadas neste eido, como o XXI Festival de Música Tradicional de Cántigas e Frores; a Verbena Galega D’antes; ou a XXV Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos que animará as rúas do casco histórico con máis dunha ducia de agrupacións tradicionais.

As familias contarán con 21 actividades de calidade, que se celebrarán tanto na carpa do aparcadoiro do Seminario como nas rúas de Lugo dentro do San Froilán Miúdo.

En total, o programa conta con 50 concertos en escenario e preto de 90 actividades de rúa, con pasarrúas, espectáculos itinerantes, maxia, humor e animación nos barrios.

Maite Ferreiro anunciou que o programa estará impreso e nas redes sociais nos próximos días.

ℹ ORZAMENTO San Froilán 2023

Maite Ferreiro explicou que o San Froilán 2023 conta cun orzamento próximo aos 700.000€ de aportación municipal, que se complementa coa participación de diversos patrocinadores e institucións.

A edil de Cultura e o Tenente Alcalde criticaron a aportación da Xunta de Galiza ás festas. “Mentres que a Deputación de Lugo colabora con 150.000€, a Xunta de Galiza, a través da Axencia Galega de Turismo, achega 25.000€, unha cantidade irrisoria que non chega a cubrir nin un dos concertos da praza Horta do Seminario”, declarou Rubén Arroxo.

O Tenente Alcalde afirmou que “a Xunta de Galiza demostra novamente que non lles importa nin Lugo nin o San Froilán, a gran festa do outono galego”.

Ambos valoraron positivamente a aportación privada, que supera nesta edición os 31.500€. Arroxo e Ferreiro agradeceron a Estrella Galicia, Abanca, Caixa Rural, Gadis, Calfensa, Leyma, Dmanan e Cafés Candelas a súa implicación coa gran festa do outono galego.

🎶 NOVAS confirmacións.

Maite Ferreiro confirmou os concertos de Hard Gz e Carolina Durante para o San Froilán 2023.

➡️ Hard GZ, 6 de outubro ás 22h na praza Horta do Seminario

Hard GZ é un dos artistas máis importantes do panorama hip hop, todo un fenómeno viral que, ademáis, trascende o meramente sonoro.

A pesares da súa corta traxectoria, Hard GZ acumula millóns de visitas nos seus vídeos de Youtube e carteis de “Sold out» nos seus concertos

➡️ Carolina Durante, 4 de outubro ás 22h na praza Horta do Seminario

Carolina Durante é un grupo musical formado no 2017. Caracterízase por cancións divertidas e con tono desenfadado, as cales abriron moitas portas no panorama musical do estado, chegando a tocar nos festivais máis prestixiosos, como o FaceLa (Lugo) o Festival Internacional de Benicasim, o Bilbao BBK Live ou o Mad Cool celebrado en Madrid.

#Lugo #ActivandoLugo #sanfroilan #sanfroilan2023


Autor: Cultura e Turismo de Lugo
Fuente de contenido

¿De cuánta utilidad te ha parecido este contenido?

¡Haz clic en una estrella para puntuarlo!

Promedio de puntuación 0 / 5. Recuento de votos: 0

Hasta ahora, ¡no hay votos!. Sé el primero en puntuar este contenido.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio