O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inauguraron xunto co presidente da Asoci…

0
(0)

ℹ️ O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inauguraron xunto co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, a XVIII edición do Concurso de Tapas de Lugo, que se celebrará ata o 19 de novembro.

A inauguración tivo lugar no Restaurante El Boni, gañador do concurso o pasado ano.

Maite Ferreiro destacou “a importancia deste concurso para a cidade e para o turismo, así como para a hostalería local”. Pola súa banda, Cheché Real destacou “o compromiso da área de Turismo co sector da hostalería na realización deste concurso“

Entre o 3 e o 19 de novembro os locais participantes ofertarán as súas tapas a todas as persoas que o desexen, que exercerán de xurado popular para escoller a tapa gañadora do concurso e as 12 finalistas. Un xurado profesional outorgará premios entre os finalistas.

As persoas que o desexen, poderán votar as distintas tapas mediante un cupón de votación individual, que deberá ir selado polos establecementos participantes. Cada tapa poderá ser puntuada cunha nota do 1 ao 5. Todos os cupóns presentados participarán no sorteo de distintos premios, os cupóns participantes cun mínimo de 10 establecementos visitados, participarán no sorte o dunha escapada gastro-relax para dúas persoas no Hotel Pazo Los Escudos, de Vigo, e os selados por 20 establecementos participarán no sorteo dunha viaxe dunha semana para dúas persoas a Ámsterdam.

A edición 2023 do concurso de tapas de Lugo conta con 37 locales de hostalería participantes distribuídos por toda a cidade.

Web oficial: xantardetapas.com

#Lugo #ActivandoLugo #tapaslugo #turismolugo #lugoturismo


Autor: Cultura e Turismo de Lugo
Fuente de contenido

¿De cuánta utilidad te ha parecido este contenido?

¡Haz clic en una estrella para puntuarlo!

Promedio de puntuación 0 / 5. Recuento de votos: 0

Hasta ahora, ¡no hay votos!. Sé el primero en puntuar este contenido.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio