ℹ O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo anunciou os horarios especiais das distintas liñas de bus urbano que se aplicarán durante o San Froilán
🗣 Arroxo explicou que «as principais liñas que comunican o centro coas distintas zonas da cidade ampliarán o horario de servizo ata as 3 da mañá para permitir a toda a veciñanza que queira asistir ás festas poder volver á casa de maneira segura».
Os aparcadoiros do Pazo provincial dos Deportes e o das Termas funcionarán durante o San Froilán como aparcadoiros disuasorios de gran capacidade, onde se poderá deixar o coche e achegarse en bus ata o centro da cidade.
As liñas 1.2, 1.4, 9, 10, 12 e 13 comunicarán o centro cos dous aparcamentos, e os días 4, 6, 7 e 11, días previos aos festivos e fins de semana, ampliarán o horario de servizo ata as 3 da mañá.
✅Liña 1.2 Campus USC- O Ceao – Hula
Continuará o seu percorrido ata as 03:07 rematando na parada de Sindicatos. Eliminarase a chegada ao HULA, e desde Avenida Benigno Rivera seguirá por Avenida Infanta Elena e Paulo Fabio Máximo, continuando o seu percorrido habitual.
A parada da Praza de Bretaña quedará suprimida , instalarase unha alternativa en Celso Emilio Ferreiro, na esquina con Ramón Ferreiro
✅ Liña 1.4 Campus USC- O Ceao – Hula
Desde as 22:42 (Obras Públicas) prolóngase ata as 03:12 (Obras Públicas). Varía o trazado, suprimindo a visita ao Ceao e dando a volta en Infanta Elena
A parada da Praza de Bretaña quedará suprimida , instalarase unha alternativa en Celso Emilio Ferreiro, na esquina con Ramón Ferreiro
✅ Liñas 9/12 Casco Histórico (Bolaño) – Abella e Casco Histórico (Bolaño) – Pol. Gándaras
Desde as 22:15 (Bolaño), circulará ata as 03:15 (Bolaño)
✅ Liñas 10/13 Ronda Muralla (Sindicatos) – As Gándaras e Ramón Ferreiro – Cemiterio
A partir das 22:30 (As Gándaras), circulará ata as 03:00 (Cemiterio). Modifícase a parada de Ramón Ferreiro (Feminino), que se ubicará temporalmente en Ramón Ferreiro nº 14
#Lugo #ActivandoLugo #sanfroilan2023 #sanfroilan
Autor: Cultura e Turismo de Lugo
Fuente de contenido