🎭 Este domingo, 24 de setembro de 2023 ás 18:30 hs. no Auditorio Municipal Gustavo Frerie: Camiños e Carreiros de Andaravía Teatro Esta comedia escrita e dirixida por Clara Gayo parte do “camiño de Santiago como espazo de encontro”: encontro entre culturas, intereses e inquedanzas. Dous veciños de Vedra unen as súas forzas para poder sacar uns cartos extras beneficiándose da proximidade do Camiño de Santiago. Estarán preparados para atender e comprender as novas demandas do camiño do século XXI?. Entradas de balde na billeteira (unha hora antes do comezo) ou en https://entradaslugo.es/evento/caminos-e-carreiros?type=familiar #Lugo #activandolugo #teatro #teatroamador
Autor: Cultura e Turismo de Lugo
Fuente de contenido